MOTECH4 in Spain


Carlos Cortés

monforte / la voz  19 de julio de 2013  15:58

 

A de Xosé García Freire é a única explotación gandeira da parroquia de Mañente e unha das poucas que quedan en todo o municipio de Pantón. Agora tamén é probablemente a primeira de Galicia en empregar unha sala muxidora portátil. O invento facilítalle un aforro dobre. O primeiro de tempo, porque agora xa non ten que andar traendo e levando as vacas dúas veces ao día entre os prados e a granxa para sacarlles o leite. E o segundo en saúde para os animais, que corren menos risco de sufrir feridas nas pezuñas no trasego polos camiños.

Xosé García pratica a gandeiría extensiva e dispón de diferentes fincas na parroquia de Mañente, algunhas a unha distancia considerable da súa granxa. «Hai fincas nas que me leva máis de media hora só traelas para aquí cada mañá e cada noite, e a iso haille que sumar o tempo de muxilas, e o de levalas outra vez», explica.

Tampouco é despreciable o aforro en riscos para a saúde das vacas. Como saben os veterinarios, as feridas que se fan as vacas nas pezuñas ao camiñar por terreo pedregoso son un problema grave que ten tamén un custe económico directo para a granxa. «As mazaduras das pezuñas trátanse con antiinflamatorios, pero son dolorosas e tardan moitos días en curar, así que poden baixar moito a produción de leite», explica Miguel Araújo, veterinario dunha cooperativa gandeira de Meira.

 

Á outra punta de Europa

Xosé García Freire levaba tempo buscando un sistema que lle permitise acurtar a duración das dúas operacións diarias de muxido. Este gandeiro de 29 anos foino atopar na outra punta de Europa. Preguntando a outros gandeiros e a técnicos que coñecía non deu con nada, así que se puxo a buscar en Internet. Descubriu que en Francia e Holanda hai empresas que fabrican sistemas de muxido portátil, pero con estruturas de grandes dimensións, pensadas para grandes explotacións e países con camiños rurais máis rectos e firmes que os de aquí. Buscando un pouco máis deu coa empresa Mototecha. Era o que precisaba, pero estaba en Lituania. Alá foi para revisar o equipo e ver como funcionaba.

 

Seis en cada quenda </STRONG>

«Vin que era funcional e moi básico, así que tampouco dá problemas de averías», explica. Elixiu un modelo de sete metros de longo e con capacidade para muxir seis vacas de cada vez. Técnicos da empresa viaxaron co material e axudárono a montalo a fin de semana pasada. O primeiro día custoulles meter as vacas dentro da sala portátil, pero dentro póñenlles penso para animalas, de maneira que agora xa praticamente fan cola cando vén que chega o momento.

gandeiría tecnoloxía nova para o sector leiteiro

 

Back
facebook
skype
form